O Pazo de Goiáns acolle este martes un obradoiro de debuxo urbano

03 Outubro 2022

O Pazo de Goiáns (Boiro) prosegue este mes de outubro a súa imparábel carreira de cara a converterse en referente cultural da nosa comarca. Este martes día 4, sen ir máis lonxe, dará acollida a un obradoiro de debuxo urbano. Nel participará o alumnado do Bacharelato de Artes. Dará comezo ás 16.00 horas. O obradoiro, abeirado á iniciativa People & Planet, ten unha marcada vertente de divulgación e sensibilización medio-ambiental, amais da estritamente artística.

O proxecto People & Planet ten o obxectivo de concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentábel.

A iniciativa, que botou a andar en novembro de 2020 e prolongarase durante catro anos, busca tamén reforzar aos gobernos municipais na promoción de políticas públicas a prol do desenvolvemento sustentábel, tendo en conta a interdependencia local-global. O plan está financiado polo programa DEAR da Comisión Europea e involucra a 19 entidades de oito Estados membros e de Cabo Verde. Participan os concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, incluído Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.