O Concello de Boiro licita as obras para mellorar o pavimento da vía Curbera-Mavi

10 Outubro 2022

O Concello de Boiro sacou a licitación o Proxecto de mellora e reparación do firme na vía Curbera-Mavi, en Cabo de Cruz. A actuación, dun importe inicial de 61.545,45 euros, forma parte do Plan Único Concellos (POS+ 2022) da Deputación da Coruña.

As obras que se pretenden executar buscan unha solución a unha estrada que en palabras do Concello “atópase moi deteriorada ao contar o pavimento con mais de 15 anos e situado na parroquia de Santa María do Castro”.

As actuacións contemplan a renovación do pavimento para facilitar o tránsito rodado de vehículos, así como a accesibilidade dos veciños.

O proxecto atopase en proceso de licitación e as empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 26 de outubro para presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.