O Concello de Boiro habilita dúas zonas de estacionamento e descanso no Polígono de Espiñeira

11 Outubro 2022

O Parque Empresarial de Espiñeira está a ser obxecto de traballos para mellorar a súa infraestrutura e a súa operatividade, dotándoo de dúas zonas de estacionamento e descanso. A zona de obras, impulsadas polo Concello, foi visitada este 11 de outubro polo alcalde, José Ramón Romero, quen comprobou de primeira man o estado de execución das actuacións que se están a levar a cabo en dúas parcelas de titularidade municipal.

Como dixemos, as actuacións que se están realizar teñen como finalidade a mellora das infraestruturas viarias no interior do Parque Empresarial de Espiñeira, habilitando nel novas prazas de aparcadoiro e, desta maneira, dotándoo de máis espazos para carga e descarga de mercadorías e facilitando o tránsito habitual de vehículos e facilitando o traballo diario das industrias situadas no complexo empresarial.

O Concello lembra que dende que o Polígono Industrial de Espiñeira comezou a súa actividade no ano 1998 e se realizou a ampliación para a segunda fase no ano 2009 non deixaron de instalarse nel empresas, polo que na actualidade conta con máis de 60 parcelas, estando ocupada máis do 80% da súa superficie, ao que se suma o afianzamento recente de firmas con gran volume de man de obra, “o que leva aparellado un gran movemento diario de vehículos e a necesidade de ampliación do espazo de aparcamento”.

As actuacións para a mellora destes servizos estanse a realizar en dúas parcelas de titularidade municipal e, con elas, vaise habilitar espazo de estacionamento en dúas localizacións distintas, unha na Fase I de 2.327 metros cadrados para 48 prazas de aparcamento e outra na Fase II de 2.550 metros cadrados para espazos de aparcamento e zona de descanso.

As actuacións, dun importe total de 78.666,84 euros, estanse a executar mediante o co-financiamento de Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación mediante unha subvención para a habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.