O Concello de Boiro dota con beirarrúas e servizos o treito entre Cespón e Quinteiro

05 Outubro 2022

O Concello de Boiro comezou o mes de outubro executando obras para a realización de beirarrúas e servizos de Cespón a Quinteiro (beira leste), unhas actuacións que se realizan mediante o financiamento da Deputación da Coruña con cargo ao Plan Único Concellos (POS+ 2021). O alcalde, José Ramón Romero, visitou este mércores 5 de outubro o lugar para coñecer o estado de execución das actuacións. Estas, concretamente, estanse a desenvolver na estrada DP-1106, nun treito que discorre entre Cespón e Quinteiro, entre os puntos quilométricos PK 4,700 e PK 6,200.

O obxectivos destes traballos, sinalou o rexedor, é “mellorar a seguridade viaria e dotar á parroquia de redes separativas de pluviais e fecais, rede de calidade de subministro de auga e alumeado público que garante unhas condicións axeitadas de seguridade viaria”.

As obras vanse executar nun tramo de 1.500 metros lineais nos que se vai instalar unha rede separativa de pluviais e fecais que contará con 30 arquetas, sumidoiros e unha rede de auga para consumo doméstico que permita dispoñer de abastecemento municipal, para o que se colocarán un total de 30 acometidas domiciliarias e 3 hidrates para o servizo de bombeiros.

As actuacións complétanse coa execución dunha beirarrúa de 1,5 metros de ancho ao longo de toda a marxe da estrada e que contará con alumeado público realizado con rede soterrada eléctrica e luminarias tipo LED. A obra adxudicouse por un importe de 340.392,47 euros, e vaise executar mediante o Plan Único Concellos (POS+ 2021) da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.