O Canto da Subasta rende homenaxe á cultura mariñeira do Son cunha completa axenda de propostas artísticas (este sábado 15)

13 Outubro 2022

O proxecto Redes do País e as artistas Antje Schiffers e Katalin Erdódi puxeron o foco en Porto do Son para a súa proposta O Canto da Subasta, unha iniciativa que rende tributo á cultura mariñeira, de longa tradición na nosa comarca, e que ten un marcado compoñente de actuación colectiva e ruada popular.

A iniciativa consistirá nunha importante cita cultural este sábado 15 de outubro ás 19.00 horas, na praza de España de Porto do Son.

Actuarán Banda de Música Tradicional Suevia, o Grupo de Baile Anduriña e haberá participantes de Corme, Portosín, Porto do Son e Queiruga. Abordarase dende varios enfoques a vida e o traballo no mar, os seus cambios e desafíos.

A entrada será de balde.

Na orixe do espectáculo O Canto da Subasta están as artistas europeas Antje Schiffers, creadora visual de Berlín, e Katalin Erdódi, dramaturga húngara, tralas súas continuas estadías en Porto do Son e tras fraguar o seu obxectivo compartido de reivindicar, visualizar e inmortalizar a cultura mariñeira local. Para isto, xuntaron forzas con medio centenar de veciños, que colaboraron nos labores previos de investigación e, tamén, na elaboración das diferentes partes dun espectáculo que inclúe baile, narración, música e arte visual.

A axenda comezará ás 19.00 horas na praza de España de Porto do Son, cun desfile musical que rematará na lonxa, onde está previsto que se celebren boa parte das actividades que compoñen a intervención artística.

A finalidade desta proposta é “reivindicar o traballo que fai a xente do mar e abordar tamén cal pode ser o futuro destas profesións que moi pouca xente nova quere desempeñar”, sinalaron as dúas artistas.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.