O BNG de Boiro critica o cartel do programa Misceláneas en Movemento

06 Outubro 2022

BNG de Boiro vén de lanzar un comunicado no que quere mostrar a súa “sorpresa” porque na recente publicación do programa de actividades denominado Misceláneas en Movemento-Programa de Lecer e Movemento en Familia, dependente da Concellaría de Igualdade do Concello de Boiro “sexa empregada a imaxe da concelleira delegada de dita área para promocionar unha parte do citado programa”, informan.

“A utilización da referida imaxe supón”, ao entender do BNG, “unha intolerábel utilización dos fondos públicos en beneficio propio dun cargo político e da organización á que pertence, confundindo o deber que a informar ten toda administración pública respecto das actividades que organiza coa propaganda partidista”.

E engaden: “A imaxe que con ditos comportamentos se transmite á cidadanía non contribúe, en absoluto, a desvirtuar a percepción que nesta se ten do servizo público que debe supoñer a actividade política e rememora comportamentos que o BNG entendía xa superados, e que desde esta organización política vimos combatendo desde hai anos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.