O alumnado do Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro formase en peixería

31 Outubro 2022

O alumnado participante no Programa Integrado de Emprego que desenvolve o Concello de Boiro durante o curso 2021-2022 formouse na especialidade de Peixería. A formación tivo como obxectivo que “as asistentes aprenderan a diferenciar os diversos tipos de produtos dun establecemento destas características e as propiedades que estes produtos atesouran”, e “que sexan capaces de aplicar as técnicas de limpeza e preparación de peixe para a venda ao cliente”.

A actividade estivo reforzada polos cursos de Manipulación de alimentos e de Análise de perigos e puntos críticos de control, que tiveron a finalidade de dar a coñecer e aplicar sistemas de control para reducir a contaminación alimentaria e de manipular o produto de forma hixiénica e segura.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2021-2022 está dirixido exclusivamente a mulleres e está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.