Os ladróns asaltaron a pasada madrugada o restaurante “El Gourmet Alján” en Ribeira e un intento frustrado no bar Pequeno de Corrubedo. O local, situado na rúa Miguel Rodríguez Bautista,da capital do Barbanza, foi obxecto dun asalto no que subtraeron parte do equipo informático e a recadación acumulada na máquina comecartos e na caixa rexistradora.
A primeira hora da mañá un aviso notificou un fallo no funcionamento na alarma do restaurante, aviso que chegou á propietaria. Todo apunta a que os ladróns entrarían pola terraza para posteriormente romper unha xanela e acceder ao interior do local, subtraendo parte do equipo informático e rompendo a máquina comecartos e a caixa rexistradora para levar a recadación.
Por outra banda o rexente do bar Pequeno denunciou esta mañá que o seu local fora obxecto dun intento de roubo durante a noite.
