O 22 de outubro celébrase no monte Iroite a proba 14ª da XXXI Liga O-Pé

10 Outubro 2022

O vindeiro 22 de outubro club sonense ADC Arnela organiza unha proba de “orientación a pé” no monte Iroite, na espectacular contorna do miradoiro da Balconada e arredores. Forma parte da Liga Galega de Orientación a Pé e será a derradeira da presente tempada 2022.

A pesar de ser unha proba federada, a participación tamén estará aberta ás categorías non federadas (iniciación); así que segundo explica a organización do evento deportivo representará “unha moi boa oportunidade para gozar deste fermoso e entretido deporte”.

As inscricións son a través da web da Federación Galega de Orientación. É preciso que nos rexistremos na dita páxina se aínda non temos conta. Unha vez rexistrados, poderemos inscribirnos no propio evento da proba.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...