Noia presentou hoxe a V andaina solidaria en favor da Asociación Misela

04 Outubro 2022

O Concello de Noia participa, un ano máis, na V Andaina Solidaria en favor da Asociación local Misela, unha organización de asistencia e servizos para persoas con discapacidade.
Ao acto de presentación, que tivo lugar hoxe na sede do Concello, estivo presidido pola concelleira de Deportes, Laura Salgado, que animou “a toda a veciñanza que o desexe a participar e poñer o seu gran de area neste fermosa iniciativa que sirve de moita axuda e de apoio a un colectivo moi necesitado”.
Así, as persoas que queiran formar parte desta andaina poderán anotarse na web www.cronocheck.com. A inscrición terá un custo de 5 euros que irán destinados á Asociación local.
A ruta terá lugar o vindeiro domingo, 9 de outubro, partindo ás 09:00 horas enfronte do Concello (alameda). A andaina, que terá un percorrido circular de 10 km, consta dunha dificultade media-baixa e será apta para todos os públicos. O percorrido da ruta estará sinalizado con frechas e cintas identificativas.
A organización do evento, realizada pola asociación Trabandainas, pon a disposición das persoas interesadas os teléfonos 683 35 42 97 ou 604 05 12 25 para calquera dúbida ou cuestión, así como o mail clubtrabandainas@gmail.com.

Outros artigos

Os Trobeiros da Ponte ofrecen este sábado un concerto no Porto do Son

O clásico grupo Os Trobeiros da Ponte ofrecerá un concerto na Casa de Cultura do Porto do Son o vindeiro sábado, 3 de outubro, ás 20:00 horas. Trobeiros da Ponte é unha agrupación musical galega formada por un grupo de amigos apaixonados pola música que se converteu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.