Noia afronta a recta final da Mostra de Curtas e prepárase para un ciclo de teatro con catro funcións

20 Outubro 2022

A vila de Noia é estes días un fervedoiro de actividades culturais. Así, alén da Mostra de Curtas que se está a celebrar esta semana no Coliseo Noela e que chega este xoves 20 de outubro a un dos seus puntos culminantes (coa xornada adicada aos audiovisuais de realizadores locais, estando prevista a proxección do documental 8 lúas de Jorge Valenciano e Nacho Carnota, e da cuarta Bombas de palenque de Martín Arufe), esta semana o departamento de Cultura do Concello achegou detalles sobre o ciclo de espectáculos teatrais que se vai levar a cabo no Coliseo as vindeiras semanas, das que, por certo poderanse sacar entradas a partir das 10.00 deste 21 de outubro.

Trátase das seguintes funcións: Golulá, Morte accidental dun anarquista, A nena que vivía nunha caixa de mixtos e El dios del pop.

Golulá é unha obra de técnica mixta na que se mestura o teatro de actor con body puppets, muppets e o teatro luz negra.

Xénero: teatro infantil-familiar

Público: a partir dos 4 anos

Duración: 50 minutos

Prezo: tarifa normal 3,50 €+ gastos de xestión

Tarifa reducida (colectivo nen@, estudantes e xubilados): 2,80 € + gastos de xestión

Entradas xa á venda en ataquilla.com e o día 29 de outubro no portelo do Teatro, de 17:30 a 18:15

-Morte accidental dun anarquista. Un anarquista morre tras caer pola fiestra dunha comisaría na que está sendo interrogado pola policía. En plena investigación xudicial dos feitos aparece, na comisaría, un tolo que se fai pasar por diferentes personaxes conseguindo descubrir a verdade.

Xénero: comedia

Público: + 16

Duración: 85 minutos

Prezo: Tarifa normal 4,00 €+ gastos de xestión

Tarifa reducida (colectivo estudantes e xubilados): 3,20 € + gastos de xestión

Entradas xa á venda en ataquilla.com e o día 28 de outubro no portelo do Teatro, de 19:45 a 20:30

-A nena que vivía nunha caixa de mixtos. É un novo espectáculo de Caramuxo teatro inspirado no conto A vendedora de mistos de Andersen.

Unha proposta de teatro de actriz e monicreques case sen palabras. O espectáculo conta con música en directo.

Xénero: teatro infantil-familiar

Público: a partir de 4 anos

Duración: 40 minutos

Prezo: Tarifa normal 3,00 €+ gastos de xestión

Tarifa reducida (colectivo nen@, estudantes e xubilados): 2,40 € + gastos de xestión

­Entradas xa á venda en ataquilla.com e o día 3 de decembro no portelo do Teatro, de 17:30 a 18:15

-El dios del pop. O artista recrea a vida cotiá dun imitador de Michael Jackson. Nada do que se conta en escena está extraído de biografías oficiais de Michael Jackson nin provén de lendas que rodean ao personaxe.

Xénero: teatro contemporáneo�Público: + 16

Duración: 80 minutos

Prezo: Tarifa normal 4,00 €+ gastos de xestión

Tarifa reducida (colectivo estudantes exubilados): 3,20 € + gastos de xestión

Entradas xa á venda en ataquilla.com e o día 19 de novembro no portelo do Teatro, de 19:30h a 20:15 h

Outros artigos

Xa podemos votar na Rede pola Palabra Galega de 2024

Dende o ano 2014 o Portal das Palabras convida a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Deste xeito, logo da fase de recolla de suxestións, a Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié abren este mércores 11 de decembro a fase...

+

A Misela achega este domingo en Porto do Son un concerto de Nadal

A Casa da Cultura de Porto do Son vai acoller este domingo 15 de decembro un concerto de Nadal a cargo da agrupación noiesa A Misela, a partir das 19.30 horas, organizado pola Área de Cultura municipal e dentro da programación de actividades elaborada para estas...

+

Outes acolle esta “finde” a súa Feira de Nadal

O Concello de Outes organiza esta fin de semana unha actividade de celebración de Nadal que tamén conmemora e reivindica un xeito saudábel e responsábel de consumir e festexar estas festas, en clave de proximidade: a Feira de Nadal en Outes, un punto de encontro na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...