No Son recollida gratuíta de aveños o martes 4 de outubro

02 Outubro 2022

A concellería de Medio Ambiente de Porto do Son informou que o vindeiro martes día 4 de outubro realizará unha nova recollida gratuíta de aveños. Os veciños do municipio que desexen desfacerse de toda clase de bens deberán comunicalo previamente chamando aos teléfonos 981 867 412 ou 981 191 240.

Desde o citado departamento sinalaron que só se recollerán vos aveños que estean á beira do contedor e que fosen previamente comunicados para a súa recollida. O concelleiro de medio amiente Manuel Deán lembrou que o punto limpo é unha instalación na que todos os veciños, de forma gratuíta, poden depositar residuos de gran volume ou perigosos para o Medio Ambiente.

Situado no lugar de Cans, abre as súas portas de luns a sábado de 10.00 a 14.00 h. Máis información no teléfono 667 464 860. M. C.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.