Néstor Sieira será o candidato de Esquerda Unida Boiro nas eleccións municipais do próximo ano

24 Outubro 2022
Na foto en orden de esquerda a dereita: María Duro, número dous na candidatura de EU Boiro; Néstor Sieira, candidato de EU Boiro; Javier Alonso, número tres na candidatura de EU Boiro e Rita Vicente, membro da Asemblea Local de Esquerda Unida Boiro.

Néstor Sieira foi elixido pola Asemblea Local de Esquerda Unida Boiro como candidato para as eleccións municipais que se celebrarán en maio de 2023. A decisión da Asemblea Local foi ratificada este sábado pola Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, máximo órgano de dirección da organización. Sieira será acompañado nos primeiros postos da candidatura por María Duro, traballadora do sistema público de emprego, e Javier Alonso, xefe de máquinas en salvamento marítimo.

A proposta política de Esquerda Unida para Boiro ten como punto central acercar a administración e xestión do concello á veciñanza con ferramentas como os orzamentos participativos ou incentivar e fomentar o tecido asociativo. A actividade da organización de esquerdas tamén se centrará en promover a vivenda pública, mellorar o transporte, promover un modelo impositivo máis xusto e, ante todo, defender o ben común da veciñanza fronte os intereses duns poucos.

Néstor Sieira, bibliotecario na Universidade de A Coruña e licenciado en filosofía, sostén que con esta candidatura “pretendemos que o concello de Boiro conte cunha opción progresista e realmente de esquerdas.”

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.