Na Pobra o Concurso Fotográfico de Micoloxía incrementa a contía dos premios na súa sexta edición

14 Outubro 2022

Tempo de outono, tempo de cogomelos, polo cal A Pobra do Caramiñal bota a andar por sexto ano
consecutivo o concurso fotográfico ó abeiro das Xornadas Micolóxicas, coa finalidade de contribuír á divulgación da micoloxía, á valoración e ó respecto polos recursos naturais e o medio ambiente, segundo expuxeron a concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra), e a técnica municipal desta área, Beatriz González.
O certame aumenta neste 2022 o importe dos premios, que consistirán en vales de compra no comercio local. Establécense tres distincións dotadas de diferentes contías, que suman un total de 750 euros.
Existe un prazo único de matrícula, realización e entrega das fotografías que abrangue do día 14, ás 15.00 horas, ata o día 26 de outubro, ás 23.59 horas. A inscrición e o envío das imaxes realizarase mediante o enderezo electrónico apobra.micoloxia@gmail.com, no cal debe figura-lo nome, os apelidos e o teléfono de contacto. Unha vez recibidos eses datos, remitirase pola vía electrónica a tarxeta de participación.
Admítense unicamente dúas obras por cada participante. Cada unha debe constar de dúas instantáneas: a identificativa, onde se vexa a dita tarxeta de participación, e a de participación anónima, que será obxecto da valoración. As imaxes presentadas formarán parte dunha futura exposición que abrirá ó público na casa da cultura Raquel Fernández Soler.
O xurado emitirá o seu ditame e as persoas gañadoras serán nomeadas por unha resolución da Alcaldía, que se publicará no Facebook do Medio Ambiente e na páxina web municipal, ademais de seren avisadas polo correo electrónico ou teléfono de contacto.
As bases completas están ó dispor en www.apobra.gal.

Outros artigos

Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.