Na Pobra inicio das obras de saneamento entre Saborido e Rego de Horta

24 Outubro 2022

Recentemente comezaron as obras para dotar de saneamento o tramo comprendido entre o lugar de
Saborido e Rego de Horta, para lles dar así servizo a vivendas da contorna, ao campo de fútbol de Cadreche e ao CEP Pilar Maestú Sierra.
A intervención foi adxudicada á empresa Fermín Simal S.L. por un importe de 137 322’90 euros, IVE incluído, cun prazo de execución de dous meses.
Atópase ao abeiro do POS+2017 e está financiada na totalidade pola Deputación da Coruña.
Os traballos consisten na demolición do pavimento existente para proceder coa instalación da canalización e o equipamento de bombeo e, finalmente, repoñe-lo asfalto.
As obras terán continuidade coa conexión do treito xa referido con Santo Isidro e A Conga no marco do POS+2018 e que sairá proximamente á licitación. Esta actuación complementaranse con outras dúas para que a rede chegue aos núcleos de Ouxo e O Freixo.
O alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), trasladan así do compromiso da Administración local de amplia-lo servizo
de saneamento na área máis rural da parroquia de Posmarcos cun total de catro proxectos orzados en 633 000 euros, dos cales o ente provincial achegará 546 000 euros.

I

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.