Misión complicada para o Rotogal Boiro Voleibol

14 Outubro 2022

Miguel Alvarez.- O conxunto de Emilio Palacio regresa mañá, ás 19.00 horas, á Cachada, para medirse co Léleman Valencia, un rival que superou a Teruel e Unicaja Almería nos seus dúas primeiras comparecencias.
Os boirenses aspiran a sumar os seus primeiros puntos do curso #ante un adversario moi reforzado con respecto á pasada campaña.
En principio, o Rotogal Boiro Voleibol recupera a Pablo Nieto, que non puido participar no derbi
do pasado sábado contra o Arenal Emevé por lesión. O técnico Emilio Palacio non poderá contar con Martín Casais, nin, como sucedeu nos anteriores compromisos, cos estranxeiros Elgueta, Kleist Mendonça e Wu Cheng-Tang.
O Léleman Valencia situouse na parte alta da clasificación no inicio da tempada. O conxunto levantino reforzouse moito, sobre todo, tras a chegada do receptor Javier Monfort e o central Maximiliano Scarpin, procedentes do Melilla, campión de Copa a anterior campaña. Eses dous xogadores súmanse a outras pezas crave que permanecen ás ordes de Fabián Muraco como a oposta Aclamación Amorim ou o colocador Vicente Monfort.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.