Lousame colabora coa XIV Proba da XXI Liga Galega O Pe Monte Iroite cedéndolles o uso da estación DECCA e un compresor eléctrico

20 Outubro 2022

O Concello de Lousame colabora coa 14 Proba da XXI Liga Galega O Pe Monte Iroite, que terá lugar este sábado 22 de outubro organizada pola asociación deportiva e cultural Arnela. Unha colaboración que se traduce na cesión do uso da estación DECCA para a saída e a chegada do evento, así como dun compresor eléctrico para poder ter operativas estas instalacións durante a proba.
A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e o tenente de alcaldesa, Ramón Martínez, entregáronlle este mediodía as chaves da estación DECCA e o compresor a Manuel Antonio Piñeiro Pouso, presidente da asociación deportiva e cultural Arnela, a quen trasladaron os seus mellores desexos para o desenvolvemento da iniciativa. Esta proba de orientación a pé no Monte Iroite será a derradeira da temporada 2022 da Liga Galega de Orientación a Pé.
Terá lugar na fermosa zona do Miradoiro da Balconada e a súa contorna, coa participación tanto de atletas federados como non federados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.