“Había de vir, e veu: a UE chega a onde non chegou o Goberno” – Antón Luaces

27 Outubro 2022

O Parlamento de Europa “tapa” as vergoñas do Goberno español en relación coas 21 familias doutros tantos tripulantes mortos e desaparecidos nunha data (o 15 de febreiro de 2022) para os galegos e a xente de mar inesquecible.

O naufraxio do conxelador marinense “Villa de Pitanxo” marca un fito que o desleixo gobernativo converteu nunha traxedia aínda maior: so tres sobreviventes e dúas versión distintas para relatar que foi o que causou o afundimento do buque.

O patrón do barco e o seu sobriño -que empregaron senllos traxes de sobrevivencia no naufraxio para salvaren as súas vidas- relataron a versión que máis conviña. Un dos tripulantes, veciño de Galicia nacido en Ghana (África) que non levaba o equipamento dos outros dous, contou o que, mesmo para o CIAIM, resulta máis aceptable: non se fixo todo o que se debía ou podía para salvar a pesca realizada, o barco e, o que é máis importante, os 24 tripulantes que había a bordo. Só os tres citados están hoxendía vivos. Os demais, mortos. E as familias destes homes, da Ceca para a Meca en demanda de axuda, en petición dun auxilio merecido para tentar recuperar os corpos dos 21 mariñeiros finados e, de paso, saberen que pasou aquela noite tráxica nos caladoiros de Terranova.

Sí, finalmente, o Parlamento de Europa fai súa a demanda dos familiares dos mortos: apoia por unanimidade utilizar un barco dotado cun robot e descender entre 800 e 1.000 metros no lugar no que afundiu o “Villa de Pitanxo” e tentar á vista do pecio saber se os mariñeiros desaparecidos permanecen no seu interior. De paso, coñecer se é posible rescatar os restos destes. Se está na súa man, queren depositar eses restos nun lugar, un cemiterio, ao que poderen levar flores e bicar unha lápida co nome de cada un deles.

Foi necesaria case que unha hora de debate na Eurocámara, onde non todos os eurodeputados asistentes deron idéntica resposta á demanda dos familiares. Tampouco o fixera, ata o de agora, o Goberno que, obrigatoriamente, deberá dar conta a Europa das súas coitas por razón das mortes dos mariñeiros citados e do cumprimento -comprometido, xa si- de que en 2023 (probablemente entre a primavera e o verán) o propio Goberno español situará a algo máis de 400 quilómetros de San Xoan de Terranova un barco equipado cun robot que investigue o pecio do pesqueiro de Marín. Deste xeito contribuirase tamén á formulación do veredicto da CIAIM en relación a este naufraxio. Outra vía seguirá a Xustiza e algún día coñeceremos o que cala a compañía armadora do pesqueiro.

Sí, España vai situar no lugar do naufraxio un barco de busca dotado, como dicía, dun robot submarino. Esta operación custará 3 millóns de euros e permitirá ofrecer imaxes do pecio e, con algo de sorte, do seu interior.

Oxalá rematen os desleixos, os silencios e a distinta versión para que saiban os máis interesados a que aterse á hora de cantar as verdades que, semella, calan algúns.

Europa, desta vez si.

Outros artigos

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

+

“Irmandade xurídica galega” – Xosé González Martínez

Despois de dezasete anos de existencia, a Irmandade Xurídica Galega segue arrecadando novos efectivos para o fomento da lingua galega nos usos xurídicos. Isto faise coa constancia dos xuristas que actualmente son meritorios exemplos a imitar. Este é o caso,por...

+

“En contra de mi voluntad” – Manuel Domínguez

En contra de mi voluntad. Hoy no quisiera escribir sobre ello, pero me toca, aunque sea tangencialmente. Uno por cercanía de barrio, otros por cercanía de vecindad ciudadana. Algunos dicen no entender, si tenía una buena familia, empresa, un velero, casa en la playa,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Corrupción, o diñeiro de todos” – José Manuel Pena

“Corrupción, o diñeiro de todos” – José Manuel Pena

A corrupción é algo inherente ao ser humano. Non hai colectivo, entidade, organismo, empresa ou persoa individual que esteamos libres de cometer algún delito de corrupción. O peor, é cando esta afecta o erario público e ao diñeiro de todos. Nas Administracións...

“Pedro e Alberto, por Deus, diálogo!” – José Luis Calo

“Pedro e Alberto, por Deus, diálogo!” – José Luis Calo

A famosa frase “Aqueles que non poden lembrar o pasado están condenados a repetilo” transmítenos a importancia de aprender dos erros do pasado para evitar que se repitan no futuro. Noutras palabras, se non aprendemos dos erros do pasado, corremos o risco de cometelos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.