Este xoves inaugurouse a mostra O noso planeta en Boiro

06 Outubro 2022

A Casa da Cultura de Boiro acolle este xoves 6 de outubro, ás 19.00 horas, a inauguración da mostra O noso planeta, da Obra Social de Abanca (Afundación). Asistirán María Outeiral, concelleira de Cultural, José Manuel Vilariño, coordinador institucional de Abanca na Coruña, e Vanessa Sende, especialista da Área Educativa de Afundación. A mostra poderá visitarse durante os meses de outubro e novembro na Casa da Cultura. Está baseada na recoñecida serie documental de Netflix, coa participación de David Attenborough.

Esta escolma fotográfica tenta concienciar sobre a problemática á que se enfronta o planeta pola acción do ser humano: plásticos, encoros, quecemento global, contaminación, etc. Convidase aos visitantes a mergullarse “na beleza natural do planeta Terra para reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como sobre a necesidade inminente de incorporar a sustentabilidade á nosa forma de vida”.

Trátase dunha exposición con imaxes sorprendentes, elementos audiovisuais e interactivos, Realidade Virtual e unha “mensaxe imprescindíbel”, en palabras de Abanca. 

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.