Este venres 14 entréganse en Boiro os Distintivos Benestar Social 2022

11 Outubro 2022

O Concello de Boiro vai realizar este venres día 14 de outubro o acto de entrega dos Distintivos Benestar Social do ano 2022, cuxo obxectivo é recoñecer, reivindicar e visualizar o labor social e o voluntariado. A gala celebrarase no andar baixo da Casa Consistorial de ás 20.00 horas e con entrada libre. Este distintivo, promovido pola Concellería de Servizos Sociais, ten a súa orixe na necesidade de “agradecer o esforzo de persoas, entidades ou empresas que fan un traballo desinteresado en beneficio da sociedade á vez que se incentiva o voluntariado”.

No acto, que será conducido pola artista Sabela Ramil, vaise facer entrega de cinco distintivos que recoñecen contribucións noutros tantos eidos de actividade: ao voluntariado, ás entidades, ao sector empresarial, á inclusión e aos méritos extraordinarios.

Os galardoados nesta primeira edición do Distintivo Benestar Social Concello de Boiro serán María Romero Lojo e Belén Aritme Cot, no eido de voluntariado, pola súa dedicación en Cruz Vermella; Cáritas como entidade pola súa achegas aos servizos técnicos e o seu labor na cobertura de necesidades da veciñanza; JEALSA no eido empresarial pola súa contribución económica para a realización de actividades e promoción do emprego; Piragüismo Rías Baixas – Boiro no eido da inclusión pola súa aposta neste ámbito no eido deportivo; e Marisa Lojo Alcalde en méritos extraordinarios polos seus máis de 30 anos na entidade local da AECC.

Para a selección dos galardoados desta primeira edición tivéronse en conta as contribucións das entidades sociais e dos servizos municipais. “Queremos que estes distintivos sexan un recoñecemento ao labor destas persoas e entidades e que sirvan de aliciente para fomentar a implicación da veciñanza con estas entidades”, afirmou o concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.