Este sábado temos unha cita cos cogomelos en Boiro (no CS de Boiro a partir das 9.00 horas)

27 Outubro 2022

Este sábado 29 de outubro a veciñanza de Boiro vai ter unha oportunidade para introducirse de cheo no apaixonante (en enriquecedor en todo o sentido do termo) mundo dos cogomelos. Será grazas á Xornada Micolóxica organizada polo Concello e impartida por Saúl de la Peña Lastra, profesor e investigador da Universidade de Santiago.

A xornada terá unha parte teórica e outra práctica, comezando ás 9.00 horas coa conferencia Cando e onde atopar fungos en Galicia?, e proseguindo ás 10.00 horas cunha saída de campo (recollida, limpeza e reparto de cogomelos). Recoméndase levar roupa e calzado cómodos, unha cesta, unha navalla e un pincel, e máis comida para o xantar no campo. A actividade empeza ás 9.00 horas no Centro Social de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...