A mocidade que queira celebrar ao grande o Samaín, con todos os ingredientes da festa desta 1 de novembro, vai ter unha boa oportunidade de facelo este sábado 29 no Local Leñaverde de Boiro, no Centro Social, a partir das 18.30 horas. Será grazas á experiencia A Pasaxe do Terror, actividade de lecer organizada polo grupo de voluntariado Turbina para festexar o Samaín.
Haberá unha quenda para público familiar (de 6 a 12 anos) entre as 18.30 e as 20.00 horas; e unha quenda para público xuvenil (+12 anos) entre as 21.30 e as 22.30 horas e entre as 23.00 e as 00.00 horas.
