En Ribeira unha ofrenda floral no Monumento da Praza de España, servirá para render homenaxe ás vítimas do COVID

Unha ofrenda floral no monumento inaugurado o 23 de outubro de 2022 na praza de España servirá para render homenaxe ás vítimas do covid. O acto está promovido pola Asociación de Amas de Casa coa colaboración do Concello e terá lugar ás seis e media da tarde do vindeiro sábado 22.
A concelleira de Cultura María Sampedro, a presidenta da Asociación de Amas de Casa, Puri Cores, e máis dúas integrantes da xunta directiva desta entidade, Mari Abeijón e Maite Saíñas, explicaron esta iniciativa, que consistirá un acto sinxelo pero moi bonito.
Puri Cores lembrou que o monumento inaugurado fai un ano en Ribeira foi o primeiro que se erixiu en España polas vítimas do coronavirus e salientou que xa van falecidas por esta doenza arredor de seis millóns cincocentas mil persoas.
Pola súa parte, a edil María Sampedro manifestou que a pesar de que parece que está nun segundo o plano, o covid segue marcando a vida de moita xente.
Todas as integrantes da presentación de hoxe fixeron un chamamento á veciñanza para que se acheguen ata a praza de España e participen neste sentida homenaxe.