En Ribeira licitada a ampliación da rúa Barbanza para conectala coa Avenida da Constitución

25 Outubro 2022

O Concello de Ribeira acaba de licitar os traballos para a apertura e urbanización do tramo final da rúa Barbanza na cidade.
O proxecto persegue mellorar as condicións de accebilidade e funcionalidade da zona, próxima ao parque de Centenario (no que se está a construír o novo Auditorio Municipal) e ao barrio de Abesadas
coa apertura deste novo tramo de rúa, que vai permitir a desconxestionar o tráfico e mellorar o acceso dende a avenida da Constitución ata o lugar onde se sitúan os Xulgados e a sede da Policía Local.
O novo tramo a aperturar conta cunha lonxitude de 60 metros e un ancho de 12,50, distribuídos en dous metros de beirarrúa en cada unha das marxes e unha calzada de 8,5 metros.
Ademais, as obras inclúen a instalación dunha rede de saneamento a través de unha tubería de PVC lisa de 315 milímetros de diámetro e outra de pluviais cunha tubería de PVC corrugada do mesmo grosor.
Tamén se colocará unha tubería de polietileno de 90 milímetros para auga potable.
O orzamento da actuación ascende a 56.205,86 euros, IVE incluído, e ten un prazo de execución de dous meses.
As empresas interesadas dispoñen ata o 14 de novembro para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Tramo rúa Barbanza

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...