En Boiro, Igualdade achega un programa de obradoiros e faladoiros sobre muller e saúde

26 Outubro 2022

O Concello de Boiro, a través do Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro, organiza un programa de actividades centrado en fomentar hábitos saudábeis entre a poboación feminina. O programa Mulleres e Saúde foi debullado nos seus detalles pola concelleira de Igualdade, Dores Torrado, quen salientou este mércores 26 que as accións previstas (obradoiros e faladoiros) “poñen o foco na saúde das mulleres mediante formación en temáticas moi actuais ás que moitas veces é complicado chegar”.

O programa inclúe un faladoiro sobre A saúde das mulleres na menopausia que se vai desenvolver o mércores 9 de novembro de 17.00 a 20.00 horas, e que será impartido por Iria Cierto Buján, matrona da Escala Galega de Saúde para Cidadáns. Ademais esta actividade inclúe un servizo de ludoteca para facilitar a conciliación.

O mércores 23 de novembro haberá tamén un faladoiro sobre Endometriose, a epidemia oculta, que se desenvolverá de 17.00 a 19.00 horas e será impartido por Verónica Ramilo Graña, sexóloga da Asociación QuerENDO, Mulleres con endometriose e que contará tamén con servizo de ludoteca.

O programa inclúe uns obradoiros sobre saúde sexual para mulleres adultas nomeados Encantada de coñecerme que serán os sábado 12 e 19 de novembro de 11.00 a 13.00 horas, facilitados por Jeane Costa, sexóloga de SEDRA – Federación de Planificación Familiar.

O sábado 26 de novembro haberá tamén unha xornada sobre Menstruación sostible en horario de 11.00 a 13.00 horas e que organiza o Foro Ecolóxico de Boiro.

Todas as actividades vanse desenvolver no Centro Social de Boiro e serán de balde. Toda a información sobre o programa e inscricións no CIM de Boiro a través do enderezo electrónico cim@boiro.org ou no teléfono 981 377 559.

Entre as actividades e servizos do programa Mulleres e Saúde vaise desenvolver tamén un asesoramento sexolóxico, un servizo individualizado, confidencial e anónimo que realiza SEDRA – Federación de Planificación Familiar. Máis información deste servizo no 698 126 048 ou no enderezo electrónico galicia@sedra-fpfe.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...