Emilio Palacio confía en que o Rotogal Boiro Voleibol manteña “a boa dinámica de xogo como local”

27 Outubro 2022

M.A.- O Rotogal Boiro Voleibol recibirá ao Río Duero Soria pasadomañá ás 19.00 horas na Cachada. O conxunto boirense, que aínda non coñece a vitoria na Superliga, ofreceu ata a data o seu mellor rendemento como local. Así o asume o técnico Emilio Palacio, que explica que “competimos mellor en casa e nosas mellores facetas do xogo vímolas na Cachada. Como visitantes, está a custarnos moito entrar nos partidos. Esperemos que o desta fin de semana sexa un bo partido”.

En principio, o Rotogal Boiro Voleibol contará coa baixa de Martín Casais, que se recupera dunha lesión no xeonllo. Sobre o Río Duero Soria, Emilio Palacio afirma que “ten un equipo que conta con xogadores do ano pasado e os novos adaptáronse rapidamente. Para ter opcións, temos que mellorar no ataque, no peche do punto. E tamén haberá que asumir riscos no saque, porque eles están moi fortes no apartado ofensivo”.

Sobre o refacho de derrotas que arrastra o Rotogal Boiro Voleibol, Emilio Palacio sinala que, desde o punto de vista anímico, “verse abaixo sempre inflúe. Hai que ver a nosa situación e explicar aos máis novos que isto é parte do xogo e que hai que estar ben de cabeza para competir de ti a ti contra os rivais directos para saír da zona de descenso”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...