Culminación do proceso de renovación do sistema de saneamento e depuración das augas residuais de Rianxo

07 Outubro 2022
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade supervisou hoxe o remate das obras do colector interceptor e tanque de tormentas e da ampliación da depuradora deste municipio coruñés

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez,  subliñou hoxe a culminación do proceso de renovación do sistema de saneamento e depuración das augas residuais de Rianxo tras un investimento de 14 M€ e máis de 10 anos de traballo .

Vázquez Mourelle achegouse hoxe ata Rianxo para, xunto con técnicos responsable das obras, supervisar de primeira man o resultado do remate das obras impulsadas pola Xunta, do colector interceptor e tanque de tormentas e da ampliación da depuradora deste municipio.

A conselleira subliñou que estas dúas obras paralelas se desenvolveron co obxectivo de solucionar as importantes deficiencias do sistema de saneamento de depuración de Rianxo e as consecuencias tan negativas que ten na calidade das augas da ría de Arousa.

Grazas a estas obras, quintuplícase a capacidade de tratamento das augas residuais na actual depuradora e conseguiuse garantir a ausencia de vertido de auga sen depurar en tempo seco, ademais de acadar redución nun 85% dos vertidos de auga non depurada en tempo de choiva.

Ethel Vázquez precisou que para acadar a renovación, mellorar e fortalecer o sistema de augas residuais desde municipio a Xunta impulso, dunha banda a construción dun novo colector interceptor de 1.380 metros, con maior capacidade que o actual, que se executou baixo o paseo, quedando totalmente acondicionado de novo e ao servizo dos veciños.

Indicou que esta actuacións completou coa construción dun tanque de tormentas soterrado con 700 m³, que está a permitir xa regular o caudal que chega á depuradora, almacenando as augas, fundamentalmente de choiva, antes de ser bombeadas á depuradora, a través dun pozo de bombeo, contiguo ao tanque.

En segundo lugar, engadiu a conselleira, levouse a cabo outra gran obra de ampliación da depuradora, para adecuar a capacidade de tratamento ás necesidades reais do municipio, acadando un caudal medio de case 3.500 m³/día, e mellorar a eficacia do seu funcionamento.

Para iso, apuntou, construíronse dúas liñas de tratamento de auga independentes, das cales cada unha recibe a metade do caudal e a somete a unha depuración completa e modernizada, contando, ademais, cunha liña de pre-tratamento común.

Estas obras da ampliación da depuradora executáronse en dúas fases, de forma que foi posible que o proceso de tratamento das augas es mantivese en marcha de forma ininterrompida: na primeira fase construíuse a 1ª liña de tratamento e na segunda procedeuse á demolición e desmontaxe das vellas instalacións para executar a 2ª liña. E, tamén, executouse unha impulsión desde o novo tanque.

Ethel Vázquez fixo fincapé en como todo este gran proxecto de mellora do sistema de saneamento e depuración en Rianxo está agora na súa recta final, pois as obras, tanto do colector interceptor e do tanque de tormentas como de ampliación da depuradora están rematadas.

Avanzou que, actualmente, unicamente resta por culminar a fase de posta en marcha da segunda fase da actuación da depuradora, que está previsto finalizar no mes de decembro para a súa entrega, a continuación, ao Concello, como xa fixo a Xunta co colector e o tanque.

Puxo o acento que a entrega desta nova infraestrutura supón contar con boas instalacións, algo tan importante como xestionalas de xeito axeitado, e único xeito de darlle sentido a todo o esforzo técnico e económico realizado pola Xunta para apoiar ao Concello.

A conselleira remarcou como este conxunto de intervencións da Xunta teñen como obxectivo axudar a este Concello a exercer con máis eficacia as súas competencias exclusivas sobre os servizos urbanos da auga, enmarcándoas na mesma liña de traballo que segue o Goberno galego desde o ano 2009, cun investimento de máis de 1.100 M€.

Ethel Vázquez, tamén lembrou que estas obras son parte dese Plan de saneamento local da ría de Arousa, que conta con financiación do programa operativo europeo FEDER, e que a Xunta empezou a elaborar hai máis de 10 anos, coa finalidade de protexer a calidade das augas e, dese xeito, preservar o medio natural, mellorar a calidade de vida dos veciños desta vila e blindar o futuro dos profesionais do mar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

La caridad cristiana, empieza en la propia familia. Hace años escribí al papa intercediendo por dos obreros que habían sido enviados al paro en una Catedral de Lugo, creo recordar Me respondieron ampliamente que el Vaticano no interfiere la gestión de las iglesias. Lo...