CONGALSA destinará os máis de 9.200 euros recadados na súa Andaina Solidaria a catro organizacións sociais

17 Outubro 2022

CONGALSA, firma punteira do ámbito alimentario con sede na Pobra do Caramiñal, vén de facer balance do acadado cunha das grandes actividades anuais das que organiza a compañía ao abeiro da súa política de responsabilidade social empresarial: a Andaina Solidaria de CONGALSA, que chegou este ano á súa sétima edición, desenvolvéndose este ano (por vez primeira) en formato híbrido (presencial e online). O diñeiro recadado na actividade, na que se acadaron cifras moi relevantes de participación, destinarase a catro entidades sociais a prol da inclusión.

A cantidade conseguida é de 9.200 euros. A contía repartirase entre Cáritas da Pobra do Caramiñal, Cáritas de Ribeira, ICE Renovación Ribeira e Bombeiros Voluntarios de Arganil (en Portugal). Tres delas están radicadas no Barbanza e a cuarta en Sarzedo-Arganil, no distrito portugués de Coimbra, onde se empraza Sulpasteis, a empresa que CONGALSA adquiriu en 2020.

Un total de 560 persoas participaron na iniciativa. Delas, 400 fixérono de forma virtual ou mediante a adquisición do denominado dorsal 0, de carácter solidario, e 160 realizárona de maneira presencial o pasado 11 de setembro.

A dirección de CONGALSA decidiu converter en euros, multiplicando por tres os quilómetros percorridos (un total de 2.577,5 km), para impulsar diferentes proxectos que beneficien directamente a colectivos en risco de exclusión social. Deste xeito, a cifra total recadada este ano, entre as inscricións dos participantes e a doazón de CONGALSA, foi como dixemos de 9.211 euros.

“Estamos moi satisfeitos co desenvolvemento desta iniciativa, que alcanzou este ano á súa sétima edición”, sinala Isabel Cañas Landín, directora de Relacións Externas da empresa, expresando o agradecemento da empresa á “masiva participación”, tanto do persoal de CONGALSA como de Sulpasteis, “así como de numerosas entidades coas que nos relacionamos”. Grazas á súa implicación, podemos achegar o noso gran de area para axudar ás persoas máis desfavorecidas da nosa contorna”, engade.

Outros artigos

Ribeira presenta un Maio Cultural cheo de propostas diversas

O Concello de Ribeira presentou o programa do Maio Cultural 2025, que organiza a Concellería de Cultura de Ribeira en colaboración coas áreas de Educación e Normalización Lingüística. Na cita cos medios estiveron presentes Antía Alberte, concelleira de Cultura e Cruz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...