Comezan as aulas de educación para persoas adultas do Concello de Boiro

04 Outubro 2022

A concelleira de Educación, María Outeiral, participou onte na presentación das aulas de educación para persoas adultas que desenvolve o Concello de Boiro para o curso 2022-2023 e que teñen como obxectivo ofrecer formación para aquelas persoas que non posúen o título da ESO. A concelleira estivo acompañada dos docentes do curso Cristina Mora, Elena Dosil e Anxo Campos.
Estas ensinanzas están destinadas a persoas maiores de 18 anos que non posúan o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Entre os obxectivos específicos destas
aulas están os de adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual. “Para min é un orgullo ver cada ano estas aulas cheas de xente que decide dar o paso de estudar e formarse, teña
a idade que teña”, afirmou o a concelleira.
As aulas de educación para persoas adultas dependen do IES San Clemente de Santiago de Compostela, de onde se despraza o profesorado para realizar os exames. Os cursos son cuadrimestrais e as aulas vanse desenvolver de luns a xoves, en horario de 20.00 a 22.00 horas na Casa da Cultura de Boiro coa finalidade de ofrecer compatibilidade entre a vida laboral e os estudos.
As prazas ofertadas divídense nos catro módulos para cursar 1º, 2º, 3º e 4º, podéndose realizar dous módulos en cada cursos escolar. Cada módulo está dividido en diversos ámbitos: científico-tecnolóxico (matemáticas, bioloxíae física); ámito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e o ámbito social. “Boiro é un dos poucos Concellos que aposta e fai un esforzo por impartir estas aulas de forma directa, e isto é gracias ao traballo desinteresado dos docentes que apostan por manter e mellorar este servizo ano a ano”, recoñeceu María Outeiral.

C.B.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.