Chispetrén e Cámping Ría de Arousa dominaron a terceira etapa da Regata ALCA

10 Outubro 2022



Uns 18 nós de nordés reinaban este sábado 8 na enseada do Caramiñal, ao longo da mañá a intensidade
foi baixando ata os 10 cos que se deu a saída ás 14:00 como estaba previsto, aínda que case todos os
modelos meteorolóxicos presaxiaban o peor, unha fulminante baixada de vento para media tarde que finalmente fíxose realidade e obrigou ao comité de regatas a acurtar o percorrido.

O itinerario elixido para a ocasión consistía nunhas 10 millas con saída nas inmediacións da Pobra,
baliza de desmarque e pasos obrigados polo sinal do Ter, Moscardiño, Seixo, de novo Ter, Ostreira e
chegada unha vez máis á vila de Val Inclán, pero a baixada ata a total encalmada obrigou a un percorrido máis curto, no segundo paso polo Ter, e fixo imposíbel a entrada das unidades menos rápidas, por esta razón algunhas embarcacións da clase Cruceiro – Regata e todas as da clase Cruceiro non entraron en tempo ou se viron obrigadas a retirarse ante a imposibilidade de completar o percorrido.

Chispetrén, de Jesús Iglesias, e Camping Ria de Arosa, de José Mauel Pombar, vencedores da 3ª etapa da Regata ALCA

Na saída, aínda cunhas condicións perfectas para a navegación, boa saída do rianxeiro Alpha e do
Ziralla, que parecía que ía defender con suficiencia o seu liderado na clase Regata, pero o que presaxiaba o parte meteorolóxico fíxose realidade e aos poucos a frota foi diminuíndo a súa velocidade ata case ficar detida, nese momento o comité de regatas decidiu acurtar o percorrido e deixalo en 7,5 millas. O primeiro en cruzar a liña de chegadas foi o Chispetrén, que soubo aproveitar a lixeira brisa que aínda quedaba para gañar a clase Regata, segundo nesta clase foi o Santana ́s, do Náutico de Vilagarcia e terceiro, nunha bonita pelexa co Ziralla, o Alpha, do Club Náutico de Rianxo.

Entre o Cruceiro-Regata absoluto dominio do Cámping Ría de Arousa, do Club Náutico Arousa Norte, que lle vale para poñer a xeral nun puño e deixar ao Fixius líder pero por un escaso punto de vantaxe sobre o barco pobrense. Terceiro nesta disputada clase foi o rianxeiro Fanciulla, que aperta tamén a loita por entrar no podio que por agora mantén o Piko Norte.

O próximo día 22 celebrarase a cuarta e definitiva xornada da Regata ALCA con todo por decidir.

Clasificación xeral a falta dunha etapa:
CLASE REGATA
1o CHISPETRÉN – JESÚS IGLESIAS SANTOS – CLUB NÁUTICO AROUSA NORTE
2o ZIRALLA PRIMEIRO – RAMÓN BARREIRO – RO YACHST CLUB
3o CORSARIO – JOSE JORGE DURÁN – CLUB DE IATES VILAGARCÍA
CLASE CRUCEIRO-REGATA
1o FIXIUS – MIGUEL PÉREZ-LAFUENTE – CLUB NÁUTICO VILAGARCÍA
2o CÁMPING RIA DE AROUSA – JOSÉ MANUEL POMBAR – CLUB NÁUTICO AROUSA NORTE
3o PIKO NORTE – JOSE MANUEL CASTRO – CLUB NÁUTICO BOIRO
CLASE CRUCEIRO
1o ORLANDO – GERARDO SÁNCHEZ – CLUB NÁUTICO AROUSA NORTE
2o GALOPÍN – MANUEL FRANCO – CLUB NÁUTICO DEPORTIVO DE RIBEIRA
3o THOR II – GUILLERMO VARELA – CLUB NÁUTICO AROUSA NORTE

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...