Charo pita leva os contos de Andar aos biosbardos á Biblioteca de Boiro (o sábado 15)

14 Outubro 2022

Este sábado 15 de outubro a Biblioteca Municipal de Boiro vai dar acollida, ás 12.00 horas, ao espectáculo de narración oral Andar aos biosbardos, un contacontos de Charo Pita especialmente concibido para o público infantil. A función baséase no libro do mesmo nome publicado pola propia narradora.

Tanto o libro como o espectáculo de narracións están ateigados de boas historias: as que Lebre, Lagarta, Cangrexo, Abella e o Vento Norberto adoitan contar baixo o Freixo Engurrado. “Historias que talvez fagan deste libro o máis marabilloso do mundo”.

Charo Pita

(A Coruña, 1966). Licenciada en Filoloxía Hispánica, é escritora e contacontos e imparte obradoiros de narración oral. O seu traballo como narradora abrangue diversas áreas, desde o conto infantil ata o relato erótico e de terror, así como montaxes musicais. Entre as súas publicacións destacan Desde Arcadia para Govinda (2001, Premio de poesía Espiral Maior), O cuatro de Jane  (2021, XV premio de poesía erótica Illas Sisargas), Oxalá estiveses aquí (Galaxia, 2016), No país do vento (2018), Estamos no verán!!! (Galaxia, 2012) e Andar aos biosbardos. (Galaxia, 2021), entre outros.  

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.