“Catro décadas, milleiros de soños e un feito incontestable: AETINAPE vive e fai vivir”

19 Outubro 2022

Remata o ano 2022 e a Asociación de Titulados Náutico-Pesqueira (AETINAPE) reborda ilusións, proxectos e un insuperable carácter que leva a esta organización a ser o máis preclaro defensor dos dereitos (tamén dos deberes) dos profesionais do mar, tanto na mariña mercante como na pesca. Descoñezo o número de asociados que ten AETINAPE; pero tampouco me importa. Sei que é unha entidade representativa do xorne de ser traballador do mar, dende o máis tenro rapazolo convertido no matalotes de todo quisqui a bordo que se ergue un día para dicir alto e claro que é o cho (aprendiz de cociñeiro) pero a moita honra. Ese “cho” -tantos van aló!- sempre atopou nas ringleiras de AETINAPE un lugar, un acubillo para as súas coitas profesionais e un apoio constante nas súas teimas. Quen non as tivo?.

Os titulados náutico-pesqueiros, como organización, estivo sempre en todo canto significou a dignidade do profesional do mar. Moitas veces, enfrontándose a institucións e mesmo gobernos que non entendían o que significaba ser mariñeiro, ser un profesional do mar nas súas múltiples vertentes, defendendo os dereitos non sempre respectados de pescadores ou mercantes -dos que “andaban ao mar” e dos que “navegaban”, para distinguir entre os traballadores da pesca e os da mariña mercante-.

Moito queda por facer, máis tamén canto se leva feito no seo de AETINAPE , en campañas orquestradas para acadar respostas que non se daban ou non se darían se non estivera alí a voz recoñecida -moitas veces temida- dos asociados a AETINAPE . Cantos pantocazos deu o barco dos titulados náutico-pesqueiros para que tal ou cal ministerio ou goberno aprendera a discernir entre o legal e o convinte. Cantos rocións e salseiros entre peito e costas para facer saber que un mariñeiro ten o mesmo dereito que un traballador en terra (por exemplo á hora de poder exercer o seu dereito a votar en calquera convocatoria electoral). Canto se ten loitado por facer entender que unha bandeira de comenencia é moitas veces unha bandeira pirata; que non todos os titulados superiores contratados en países non  comunitarios como capitáns en buques do segundo rexistro de Canarias pasaran por formacións equiparables ás que aquí tiñan os oficiais titulados nas escolas de Náutica (hoxendía titulacións universitarias) ou nas náutico-pesqueiras… Canto se labrou por AETINAPE na pedra da incomprensión  para lle dar unha titulación acorde ao seu labor profesional para os patróns e maquinistas de buques de pesca que eran -e son, na práctica- navíos nos que realizar días e máis días de navegación sen máis resposta ou recoñecemento que o saber facer para que alguén tivera por correcta a denominación de capitán de pesca.

A comarca do Barbanza sabe ben, moi ben, do labor desta asociación de titulados náutico-pesqueiros: dende dispor dun instituto como o existente en Ribeira para a súa formación específica, ata poder dicir que de aquí, do Barbanza saíron milleiros de mariñeiros que sentiron nos ósos os fríos de Boston ou Terranova e os calores africanos, a loita de intereses en augas suramericanas e mesmo o desequilibrio producido por barcos piratas que, ao mando dun capitán estranxeiro pagaban máis por pescar ilegalmente en augas australianas.

Sempre tivo voz AETINAPE nos medios de comunicación, coñecedores estes do valor dunha opinión autorizada e compartida:  os mariñeiros -agora tamén mariñeiras- encadrados nesta entidade saben do valor da preparación e de como o mar en algo máis, moito máis ca unha fotografía en branco e negro.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.