Candido Pazó representa en Boiro Botando a lingua a pastar, este venres na Casa da Cultura

17 Outubro 2022

O actor e narrador Cándido Pazó vai estar este venres 21 de outubro en Boiro para ofrecer á veciñanza o seu espectáculo Botando a lingua a pastar, representación teatral para o público adulto. Será a partir das 21.00 horas na Casa da Cultura de Boiro.

Pazó narrará nesta función contos extraídos da tradición oral, motivos adaptados da literatura ou historias de creación propia relacionadas coa lingua.

Trátase dun espectáculo abeirado ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e que ten como fío condutor principal a lingua galega (curiosidades, uso, normalización e perspectivas) desde un punto de vista filolóxico divulgativo, cultural, humano ou emocional, pero sempre co humor e a empatía oral como mecanismo de conexión co público.

Cándido Pazo nunha imaxe de MGV para El Correo Gallego

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.