Boiro Novo critica os “bloqueos” da oposición á reforma do complexo da Cachada

03 Outubro 2022

Boiro Novo emitiu un comunicado no que critica a liña de traballo seguida polo PP e o BNG local en materia de oposición e de participación plenaria. Para a agrupación de Dores Torrado, os dous partidos crearon unha coalición de bloqueo “lesiva” para os intereses de Boiro, un exemplo disto, comentan, é o acontecido durante o pasado pleno, “no que deron unha serie de argumentos para bloquear a chegada a Boiro dos cartos do plan de obras da Deputación para a reforma das instalacións do complexo deportivo da Cachada”. Dende Boiro Novo din que os argumentos dos ditos partidos para bloquear os fondos baseáronse en que desexaban que as obras “non fosen no POS senón noutra partida ou no remanente”. Para a agrupación que dirixe Dores Torrado, “isto resulta irrelevante”, e critica que Fernando García Diéguez (PP) “se preocupe agora se o procedemento é máis rápido dun xeito que de outro, cando el estivo 8 anos no Goberno e non fixo nada”. E engaden: “Do que non cabe dúbida e de que o sistema mais lento é o de bloquear a obra como fixeron el e a señora Suárez (BNG) co seu voto”.

A agrupación tamén critica que votasen en contra “porque non se inclúen os polletes e os equipos de cronometraxe e marcación, cando ese material ten que ir en un proxecto posterior de subministros, xa que non teñen sentido se non esta aprobada a obra de reforma”. E engaden: “Isto é a mesma barbaridade que opoñerse a facer unha casa co argumento de que no proxecto non aparece ou sofà ou a televisión”.

E conclúen dende Boiro Novo: “Falan de que no POS deberan ir obras de asfalto, cemento e tubaxes cando hai pouco mas de 4 meses a súa prioridade segundo eles era atender as necesidades dos clubs deportivos. Os grupos puxeron isto como escusa para arrastrar ós seus partidos a un pacto contranatura PP-BNG, non para pedir tubaxes, cemento ou asfalto, senón porque segundo eles a prioridade era atender as necesidades dos clubs. Porén no momento en que se lles pon unha desas necesidades enriba da mesa o que fan é votar automaticamente en contra con argumentos tan peregrinos como os que se citaron antes. Esta claro que á hora da verdade o deporte impórtalles ben pouco”, engaden, pedindo á dita posición “xa non que sexan leais co Goberno, pero si co pobo de Boiro, como sempre se fixo cos plans de obras. Xa que non queren colaborar a lo menos non poñan paus nas rodas e non prexudiquen o progreso do noso concello por intereses e caprichos persoais”.

O pleno de setembro en Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...