
O Concello de Boiro celebrou esta tarde a primeira edición dos Distintivos Benestar Social 2022, un recoñecemento á labor social e ao voluntariado no municipio. No acto, que estivo conducido pola artista Sabela Ramil, interviron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cristina Pichel.
Este distintivo, que está promovido pola Concellería de Servicios Sociais que dirixe Raúl Treus, nace da idea conxunta da necesidade de agradecer a labor de persoas, entidades e empresas que realizan un traballo desinteresado en beneficio da sociedade á vez que se incentiva o voluntariado. O alcalde de
Boiro, José Ramón Romero, durante a súa intervención agradeceu o traballo destas entidades e asegurou a aposta do Concello de Boiro co tecido social xa que “é labor das administracións canalizar e apoiar este esforzo desinteresado”.
Os distinguidos desta primeira edición foron María Teresa Romero Lojo e Belén Artime Cot, pola súa labor realizada no seo de Cruz Vermella; Jealsa, polo seu apoio a persoas, na realización de actividades e promoción da inclusión. Recolleu o distintivo a directora de Relacións Institucionais, Margarita
Hermo.
Sergio Pérez Treus recolleu o distintivo de Piragüismo Rías Baixas á Inclusión, polo impulso ao deporte adaptado. Cáritas Diocesana de Boiro foi distinguida como Entidade Social, polo traballo diario para a cobertura de necesidades da veciñanza de Boiro. Recolleu a distinción Lupe Tubio, a presidenta da entidade.
Marísa Lojo Alcalde, presidenta da Asociación Española conta o Cancro de Boiro recolleu o distintivo por “Méritos Extraordinarios” pola súa traxectoria de décadas ao fronte da entidade.