Boiro ampliará o hangar do Club de Piragüismo co apoio do Plan Único da Deputación

12 Outubro 2022

A Deputación da Coruña financia, a través do Plan Único, o proxecto para a ampliación do hangar do Club de Piragüismo Rías Baixas (Boiro), que conta cun orzamento de 65.410 euros. Os traballos implican a construción dun novo módulo de 60 metros cadrados ocupando o espazo existente entre a nave actual e o muro de contención que divide a parcela en dous.

O obxectivo é que “esta nova instalación permita acoller embarcacións de maior eslora, que ata o de agora non tiñan cabida”, sinalou a entidade provincial, engadindo que o novo módulo terá unha superficie útil de 53,68 metros cadrados e contará cunha estrutura soporte de muro de fábrica de termoarxila e unha cuberta con panel tipo sándwich de chapa grecada de aceiro galvanizado con illamento térmico, entre outros elementos.

Por outra banda, o Plan Único da Deputación tamén financia o 100% da obra de renovación do pavimento da vía que vai de Curbera a Mavi, na parroquia boirense de Santa María de Castro (Cabo de Cruz). Os traballos, nos que se invisten 70.075 euros, inclúen a limpeza da estrada, a súa pavimentación e o posterior pintado de marcas na vía.

Os dous proxectos están a licitación pública no perfil do contratante do Concello de Boiro e poden presentarse ofertas ata o 26 de outubro.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.