Axudas escolares en Porto do Son

01 Outubro 2022

No Boletín Oficial dá Provincia (BOP) do pasado xoves publicouse a convocatoria en réxime de concorrencia competitiva das axudas escolares do Concello de Porto do Son para o ano escolar 2022-2023.
Ten por obxecto catro liñas de subvención: axudas para material escolar, transporte, material informático e para facilitar a conciliación. As persoas beneficiarias deberán estar empadroadas no municipio e estar matriculadas para cursar estudos en centros de ensino oficiais no curso
2022-2023. O prazo para presentar as solicitudes será de dez días hábiles a partir da publicación da convocatoria. Deberán entregarse no rexistro xeral do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión