As probas para a obtención dos certificados de lingua galega que concede Política Lingüística serán na segunda quincena de novembro

25 Outubro 2022

A Secretaría Xeral de Política Lingüística que dirixe Valentín García vén de confirmar que as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis CELGA 4, 3 e 2 celebraranse finalmente nas fins de semana do 19 e 20 e 26 e 27 de novembro. Así o indica a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) pola que se fixan as datas de realización das ditas probas, que se desenvolverán simultaneamente en Santiago de Compostela e Ponferrada.

Deste xeito, os exames para a obtención do CELGA 4 realizaranse o sábado 19 de novembro para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por unha letra comprendida entre o T e o G e o domingo 20 para o resto. Pola súa parte, as probas para a obtención do certificado nivel 3 e do nivel 2 desenvolveranse os días 26 e 27 de novembro, respectivamente, para todas as persoas admitidas.

Os centros e horarios de realización das probas, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade , poden consultarse no Portal da Lingua Galega. Asi mesmo, nesta web tamén se publicará, na semana das probas correspondentes, a porta de acceso ao centro e mais a aula asignada a cada persoa para a realización da proba escrita.

Respecto da proba oral de cada nivel CELGA, Política Lingüística lembra que esta será o mesmo día que a proba escrita. A hora concreta na que cada persoa deberá estar presente para realizar esta proba publicarase no centro correspondente, así como no Portal da Lingua Galega, unha vez remate a proba escrita.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.