As claves do envellecemento activo centran a apertura das Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes

Coa conferencia Envellecemento activo, idadismo, soidade daban comezo esta semana as XVII Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes. Dita conferencia foi impartida por José Mª Failde Garrido, doutor en Psicoloxía pola USC e presidente da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía. O relatorio impartiuse na cafetaría da Casa de Cultura da Serra de Outes, baixo unha asistencia de mais de 50 persoas.

O acto foi inaugurado polo alcalde de Outes, Manuel González López, onde asistiu o Felipe Calle Vellés, director de Atención Primaria da Área Sanitaria de Santiago de Compostela. A persoa encargada de coordinar a actividade foi o doutor Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Ao final do acto, o relator foi agasallado con unha figura de artesanía feita polos usuarios de ADISBISMUR Valadares (Outes).

A vindeira conferencia vai a ser o 24 de novembro de 2022, baixo o título: Como está a pediatría a día de hoxe?, impartida pola doutora Marian Rodríguez Blanco, pediatra no Hospital do Barbanza. Celebrarase no Colexio de Ensino Primario da Serra de Outes.