Aprobada en pleno a memoria de municipalización do SAF da Pobra

28 Outubro 2022

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada deste 27 de outubro a sesión extraordinaria do pleno da Corporación. No seu transcurso foi aprobado (cos votos en contra do PP) a memoria para a municipalización do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), proceso do cal o Concello avanzou detalles os días previos, da man da concelleira Amparo Cerecedo, quen salientaba a importancia que ten esta municipalización para o Goberno local, “para así apostar por un servizo público, sustentábel e de calidade.

A memoria, engadía, foi elaborada por unha comisión formada por dous cargos políticos e catro persoas técnicas do Concello; estudo que conclúe que “a xestión directa é moito máis sustentábel e eficaz”, ademais de que, en termos económicos, suporá un aforro en 2023 de 94.570’36 euros.

Na súa dimensión social, a edil incidiu en que é un servizo “moi sensíbel” debido a que a súa finalidade é o coidado de persoas dependentes. A municipalización, segundo xustificou, “traducirase na súa xestión directa, pois é unha prestación que actualmente se brinda de maneira mixta: con seis traballadoras da Administración local e máis de vinte contratadas por unha empresa privada”. Isto, engadiu, “suporá mellorar a estabilidade laboral das empregadas externas ao se integraren no cadro de persoal público, ademais dun repartimento equitativo da carga de traballo”.

Volvendo aos puntos debatidos no pleno, esta foi a orde do día:

1. Aprobación da memoria para a municipalización do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).

2. Aprobación definitiva do orzamento de 2022. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).

3. Aprobación inicial creto extraordinario 4/2022 (comida das persoas maiores). Aprobada por unanimidade.

4. Aprobación inicial creto extraordinario 5/2022 (subvención nominativa á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza). Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).

Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñíbel na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Relevo en Portugal”. José Castro López

“Relevo en Portugal”. José Castro López

Comparto con muchos gallegos una vieja querencia por Portugal. Nos une la geografía, la historia y también algo tan profundo como la afinidad de carácter y una manera de entender la vida. Admiro su paisaje y sus monumentos, su cultura y su gastronomía, su hospitalidad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.