Andaina Pro Saúde Mental organiza o 14 de outubro unha xornada de portas abertas nas súas sedes de Dodro e Ordes

12 Outubro 2022

A plataforma Andaina Pro Saúde Mental (Andaina PSM) vai celebrar o Día Mundial da Saúde Mental (unha efeméride convocada internacionalmente cada 10 de outubro en máis de 100 países, da man da Federación Mundial Saúde Mental) coa organización dunha Xornada de Portas Abertas no seus Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral en Ordes e Dodro.

Andaina PSM é unha asociación de persoas e familiares afectadas por trastorno mental grave que ten como finalidade prestar apoio e atención, contribuíndo á mellora da súa autonomía persoal e calidade de vida.

A traxectoria de Andaina PSM neste labor inicia no ano 2010 na comarca de Ulla-Sar e dende o ano 2018 na comarca de Ordes, mantendo en funcionamento un Centro de Rehabilitación Psicosocial en cada unha das comarcas onde actúan como unidades de apoio comunitario para a recuperación da persoa a través de programas e servizos tanto a nivel individual como familiar.

Por mor da celebración do Día da Saúde Mental Andaina PSM abre as súas portas na mañá do venres 14 de outubro co obxectivo de dar a coñecer o seu traballo e ofrecer dos seus servizos nas ditas comarcas.

A xornada iniciarase ás 12h informando en primeira persoa dos programas, actividades e iniciativas que se desenvolven na entidade, a continuación terá lugar a lectura do manifesto ao que se lle dará un peche cun aperitivo musical con karaoke, música tradicional e pinchos variados para os e as asistentes.

Dende Andaina PSM lembran que neste 2022, baixo o lema Dálle like á saúde mental, preténdese poñer enriba da mesa unha das principais materias pendentes da sanidade española, a saúde mental infanto-xuvenil (segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), unha de cada sete persoas mozas de 10 a 19 anos padece algún trastorno mental).

O obxectivo do lema e as demais accións é interpelar e involucrar no coidado e a protección da saúde mental dende a primeira nenez, non só a nivel institucional senón tamén a toda a sociedade coa finalidade de atender á saúde mental das persoas practicamente desde que nacen, “o que garantirá unha mellor prevención, abordaxe e recuperación dos problemas de saúde mental no futuro”, explican dende Andaina PSM, que quere convidar a toda a comunidade nesta data sinalada.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.