A asociación comarcal Amicos clausurou este luns 3 de outubro o curso Controlador de accesos, pertencente ao seu programa Máis Emprego, que desenvolve en colaboración coa Fundación La
Caixa e o Fondo Social Europeo no Centro Social de Boiro. Os quince alumnos formados recibiron un diploma en recoñecemento ao seu esforzo.
O curso, dirixido a persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social,
tivo unha duración de 40 horas presenciais.

Juan Manuel Sanlés Perez, da empresa Ara Formación, foi o encargado de impartir a actividade formativa e destacou a implicación do alumnado e desexou que a aprendizaxe alí adquirida “lles vala para poder traballar o antes posible”. Grazas a esta formación, 2 alumnos xa encontraron un posto de traballo e comezarán nesta semana.
Doutra banda, Keltoi Camean, coordinador da área de Alianzas e Emprego de Amicos, comentou que “para Amicos é un verdadeiro pracer, xa que a formación é unha parte máis do proceso para conseguir a inserción sociolaboral”.
Entre os asistentes tamén estiveron Rosa Agrelo e Marta Besada, técnicas de Amicos no programa Máis Emprego, que quixeron agradecer o alumnado o seu interese e constancia no programa que leva a entidade durante este 2022 .
