A XXI Edición do Campionato de Tae Kwondo Cidade de Ribeira terá lugar esta fin de semana

06 Outubro 2022

Un total de 330 competidores participarán na edición XXI do Campionato de Tae kwondo Cidade de Ribeira. A cita será no polideportivo da Fieiteira esta fin de semana. Están convocados 39 clubes de Galicia, resto de España e Portugal.
As categorías que se medirán nesta competición son cadete, junior e absoluta, as rankeables para o campionato galego. O espazo estará dividido en 5 pistas de combate na que estarán presentes 40 árbitros e 60 coaches.
Na presentación do torneo, o deportista olímpico Álex Vidal sinalou que esta experiencia é moi enriquecedora para os participantes xa que supón unha toma de contacto para eles de cara o resto da
tempada. Vidal sinalou que esta cita tamén é moi importante para a economía do municipio xa que se consegiu unha total ocupación hostaleira e hoteleira grazas á chegada de competidores e tamén das
súas familias que pernoctarán en Ribera na fin de semana.
Na presentación tamén estiveron presentes a concelleira de Cultura, María Sampedro e o concelleiro de Deportes, Javier Sampedro.
Ambos agradeceron ó Clube Natural Sport que sempre poña Ribeira no mapa do taekwondo a nivel internacional e cualificaron o torneo desta fin de semana como unha cita in eludible deste deporte tan
afincado no municipio.
Está previsto que o campionato comece contra as nove da mañá do sábado ,se prolongue durante toda a xornada e remate o domingo ó mediodía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión