A veciñanza de Outes terá ao seu dispor unha xornada participativa de astronomía (o 12 de novembro no Pavillón da Serra)

O Concello de Outes e a Deputación da Coruña organizan esta xornada de divulgación científica que se realizará o vindeiro sábado 12 de novembro no Pavillón da Serra, ao abeiro do Proxecto Cúpula 2022, iniciativa de alcance estatal que introduce á cidadanía no estudo, investigación e coñecemento do firmamento. Durante a mañá e a tarde da noite do sábado 12, as persoas asistentes participarán en diversas actividades para mergullárense no ámbito astronomía “dunha maneira activa e lúdica”, en palabras das entidades organizadoras.

A xornada, que é de balde, está aberta ao público de todas as idades (os menores de idade deberán ir acompañados por un responsable maior de idade). As prazas serán limitadas e a inscrición obrigatoria. Esta realizarase a través do enderezo electrónico outes@astroemociones.es ou do teléfono 672 629 308.