A Semana Olímpica de Galicia Circuito COEV, decidirase nunha apretadísima xornada final

05 Outubro 2022
Semana Olímpica de Vela en aguas de Vilagarcía. Foto Juan Caballero

Segunda xornada en augas de Vilagarcía de Arousa para a frota de 470. A Semana Olímpica de Galicia – Circuito COEV, proba que pon en xogo o título nacional da clase, cruzou este mércores o seu ecuador cunha clasificación en grao sumo apertada e con todo aberto para a xornada final. No alto da táboa, Silvia Mais e Nico Rodríguez repiten no liderado cos portugueses Diogo Costa e Carolina João apertando a só un punto de distancia.

Do mesmo xeito que no primeiro día de regatas, o vento foi protagonista este mércores na ría de Arousa con intensidades moi suaves e provocando un aprazamento en terra que se prolongou ata pasadas as 14:00 horas, cando por fin comezou a subir lixeiramente o vento para dar pé a unha disputadísima segunda xornada de competición.

En total, o Comité de Regatas puido dar o bocinazo para catro novas mangas nas que os tres primeiros clasificados volveron dominar repartíndose as catro vitorias parciais postas en xogo. A primeira delas foi para o tándem do CN Arenal/RCN Vigo formado por Silvia e Nico, mentres que as dous seguintes leváronllas Diogo Costa e Carolina João do C. We Do Sailing e a cuarta foi para os tamén portugueses Beatriz Gago e Rodolfo Pires (CV Viana do Castelo/Iate Clube Mariña de Portimão).

Cos tres equipos finalizando entre as tres primeiras posicións en todas as probas da xornada -a excepción do cuarto posto de Gago e Pires na penúltima manga- e a aplicación do descarte que permite a Costa e João desfacerse dun fóra de liña anotado na primeira xornada, o podio provisional da Semana Olímpica de Galicia apértase ao máximo coa tripulación catalano-galega repetindo na primeira posición cun total de once puntos, Costa e João no segundo posto con doce puntos acumulados e o equipo de Gago e Pires no terceiro caixón con dezasete.

Por detrás, ao non puntuar as dúas tripulacións portuguesas para o título nacional e con Silvia e Nico acariñando xa a vitoria, o segundo e terceiro posto da clasificación do Campionato de España dispútanllo a día de hoxe Neus Ballester e o galego Pablo García (Club Nàutic Sa Ràpita/RCN Sanxenxo), que ocupan a cuarta posición da xeral, e Pablo Ruiz e Marta Peñarrubia (RCN Palma/RCR Alacante), que son quintos. Só tres puntos separan a ambos os equipos.

Con estes resultados, todo dependerá por tanto do que suceda o xoves coa celebración das últimas probas de campionato. O primeiro bocinazo está programado para as 11:00 horas e a entrega de premios, prevista para as 17:30 horas no Centro Galego de Vela, será a encargada de poñer o broche final á cita organizada pola Real Federación Galega de Vela.

CLASIFICACIÓN PROVISIONAL
1º Silvia Mais/Nico Rodríguez (CN Arenal/RCN Vigo), 11 puntos
2º Diogo Costa/Carolina João (C. We do Sailing), 12 puntos
3º Beatriz Gago/Rodolfo Pires (CV Viana do Castelo/Iate Clube Mariña de Portimão), 17 puntos
4º Neus Ballester/Pablo García Portela (CNR/RCN Sanxenxo), 29 puntos
5º Pablo Ruiz/Marta Peñarrubia (RCN Palma/RCR Alacante), 32 puntos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.