A Policía Autonómica esclarece en colaboración coa UIFO un incendio forestal intencionado en Palmeira. O autor atribúiense outros 9 lumes

27 Outubro 2022

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Santiago de Compostela, en colaboración coa Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) e os medios de extinción do Distrito Forestal IV O Barbanza, veñen de esclarecer o incendio forestal rexistrado o pasado 25 de setembro no concello coruñés de Ribeira. O lume produciuse no lugar de Palmeira e afectou 6.800 metros cadrados de superficie arborada.

A investigación puxo de manifesto que se tratou dun incendio provocado de xeito intencionado, iniciado en horas nocturnas a carón dun poste de formigón situado en fronte dunha vivenda. Como resultado, tomóuselle declaración a unha persoa que mantén disputas cos propietarios dos terreos queimados, como presunta autora do lume.

A maiores, tras a análise da actividade incendiaria nas inmediacións do domicilio da persoa detida e do estudo das declaracións das testemuñas e veciñanza, concluíuse que os nove lumes anteriores orixinados na zona tiveron orixes similares e poderían ter a mesma autoría.

O atestado policial foille remitido ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ribeira.

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva detidas ou investigadas 50 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.