A detective Peregrina visita este venres a Biblioteca de Rianxo

14 Outubro 2022

O espectáculo A detective Peregrina e o misterio do torque, baseado no libro do mesmo nome (da autoría de Enrique Mauricio con ilustracións de Carlos Taboada), recalará en Rianxo esta semana na Biblioteca Municipal. Será este venres 14 a partir das 18.00 horas.

O argumento desta proposta de Polo Correo do Vento sitúanos nun misterio que deberá ser resolto pola detective pontevedresa Peregrina. Mestúrase narración oral, ilustración e música, diferentes formatos que serán, tamén, as ferramentas que a axuden a resolver a intriga.

A detective Peregrina e o misterio do torque é un libro-espectáculo abeirado á difusión dos fondos do Museo de Pontevedra. Trátase dunha proposta dirixida a fomentar o interese pola arqueoloxía entre a rapazada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.