A Deputación financia con 70.000 euros os traballos de retellado e mellora na accesibilidade na Casa do Concello de Porto do Son

24 Outubro 2022

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde da localidade, Luis Oujo Pouso, asinaron hoxe o convenio polo que a administración provincial aportara 70.000 euros, o 80%% do orzamento total da obra, que ascende a 87.500 euros. No acto participou tamén o deputado de Patrimonio e Contratación, Xosé Lois Penas.

As obras a realizar focalízanse en dous puntos, fundamentalmente. O primeiro, para garantir a impermeabilidade da cuberta do edificio municipal, dado que conta cunha antigüidade de máis de 48 anos, sendo imprescindible o acondicionamento e illamento do tellado ante as fortes choivas.

A segunda actuación é a formación dunha rampla que garanta a accesibilidade á edificación para persoas con mobilidade reducida, asegurando a entrada á planta baixa da Casa do Concello, que nestes momentos posúe unha porta de acceso desde unha gran rampla cun elevado número de chanzos, o que imposibilita a correcta accesibilidade.

A Deputación financia con 70.000 euros os traballos de retellado e mellora na accesibilidade na Casa do Concello de Porto do Son

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.