A Deputación adxudica por 1,2 millóns de euros o contrato para rematar as obras da estrada DP 1102 de Cespón a Vidres

17 Outubro 2022

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinou a adxudicación por 1.213.178 euros do contrato para o remate das obras de ampliación e mellora da seguridade viaria na estrada DP-1102 de Cespón a Vidres, no concello de Boiro.

O novo proxecto contempla o remate das obras, “xa que o contrato inicial foi obxecto de rescisión”, informaron fontes da Deputación e do Concello, engadindo que as obras consistirán na ampliación e mellora de trazado desde o quilómetro cero ata a rotonda situada no PK 1+800, pasando do ancho actual de 5 m a unha sección de 8 m de anchura, mellorando o trazado mediante o suavizado de curvas. Na marxe da estrada construirase unha beiravía (andén) peonil de 1,80 metros de ancho para mellorar tamén a seguridade dos desprazamentos a pé.

Executarase a mellora dos primeiros 300 m da estrada municipal que pasa a ser o novo tronco da estrada provincial e o novo enlace coa estrada da Deputación no seu inicio. Tamén se mellorarán os enlaces dos puntos quilométricos 0+300 e +720 para facilitar o xiro dos vehículos.

A estrada pavimentarase con 6 cm de mestura bituminosa en quente sobre base de grava e saburra (zahorra) artificial. Ademais, do devandito, inclúese no proxecto a mellora do drenaxe da estrada con cunetas e colector de PVC de 315 mm de diámetro e a canalización do alumeado, aínda que non se contempla dotación de novo alumeado nas zonas onde non existe.

O prazo de execución das obras será de 10 meses.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.