A Casa da Cultura de Boiro acolle este venres Falar por falar de Volta e Dálle Teatro

13 Outubro 2022

Este venres 14 de outubro, ás 21.00 horas, a Casa da Cultura de Boiro vai acoller o espectáculo Falar por falar, unha función de Volta e Dálle teatro para público adulto.

Falar por Falar é o novo espectáculo teatral da compañía Volta e Dálle e nel un actor do medio rural (Víctor Mosqueira) e un dramaturgo da contorna urbana (Carlos Santiago) debullan as súas vivencias e reflexións arredor da lingua galega.

A través do relato autobiográfico, da representación retranqueira de episodios históricos, de cantigas medievais e cancións folk ou rock, Víctor e Carlos desafían ao público a unha viaxe humorística pola realidade viva da lingua. E faise esta viaxe na procura dunha visión liberada de prexuízos e idealizacións na busca de desentrañar un chisco os enigmas dese falar por falar que vén sendo toda lingua.

Outros artigos

UCIN denuncia inundacións no núcleo de San

UCIN Boiro emitiu un novo comunicado no que denuncia asolagamentos no núcleo de San, onde os veciños, sinala a agrupación, están a sufrir a entrada de auga n os seus domicilios cada vez que chove, "debido ao desbordamento das tubaxes de recollida de pluviais". Miguel...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

Los bares forman parte de nuestra identidad nacional. Son como “un corazón económico y social” que late a diario en las calles de ciudades y pueblos, un punto de encuentro y de intercambio de historias entre generaciones. En ellos se mezclan edades, ideologías,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.